egalego.com – O galego nas novas tecnoloxías

Navegador Opera 10.63 en galego

Boas noticias, Opera fans, pois remátase de lanza-la versión final do 10.63 en galego! Esta nova versión volve da-la coroa do “navegador máis rápido” a Opera, que ostentara brevemente coa saída de Opera 10.5 (arrebatada logo por Chrome cos seus continuos Dev builds). Aparte dunha maior velocidade (50% máis veloz que Opera 10.5), temos algunhas interesantes características, que veremos a continuación.

Agora que Opera 10.5 se encargou de renova-lo aspecto do navegador (e engadir novas características) , a versión 10.6 puídose…

WORDPRESS 3.0.1

Case sen previo aviso está dispoñible WORDPRESS 3.0.1 para descarga, no sitio oficial. Esta actualización soluciona unha cincuentena de pequenos fallos e pouco máis.

No que respecta a version en galego, temos traducido o 72%, nuns dias esperamos telo completo e dispoñible para a descarga. Grazas.