Benvido ao WordPress 5.6

WordPress 5.6 ofréceche incontables formas de liberar as túas ideas e darlles vida. Cun tema por defecto totalmente novo como o teu lenzo, é compatible cunha colección de bloques cada vez máis grande como pinceis. Pinta con palabras. Imaxes. Son. Ou medios enriquecidos incrustados.

Maior flexibilidade de deseño

Dá vida ás túas historias con máis ferramentas que che permiten editar o teu deseño con ou sen código. Bloques dunha soa columna, deseños que usan anchos e columnas mixtos, cabeceiras de ancho completo e vídeos no teu bloque de portada — fai pequenos cambios ou grandes intervencións coa mesma facilidade!

Máis patrons de bloques

En temas seleccionados, os patróns de bloques preconfigurados fan que sexa moi fácil a configuración de páxinas estándar no teu sitio. Atopa o poder dos patróns para axilizar o teu fluxo de traballo ou comparte algo dese poder cos teus clientes e afórrache uns cantos clics.

Sobe subtítulos de vídeo directamente no editor de bloques

Para axudarche a engadir subtítulos ou lendas aos teus vídeos, agora podes subilos dentro da túa entrada ou páxina. Isto fai que sexa máis fácil que nunca facer que os teus vídeos sexan accesibles para calquera persoa que necesite ou prefira usar subtítulos.

Twenty Twenty-One está aquí!

O tema Twenty Twenty-One é un lenzo en branco para as túas ideas e o editor de bloques é o mellor pincel. Está creado para o editor de bloques e cheo de novos patróns de bloques que só podes obter nos temas por defecto. Proba diferentes deseños en cuestión de segundos e deixa que o deseño rechamante do tema, pero atemporal, faga que o teu traballo brille.

Esta versión de WordPress xa está dispoñible en galego para descarga ou actualización no teu escritorio.