A versión 5.1 de WordPress, denominada « Betty» en honra á aclamada vocalista de jazz Betty Carter xa está dispoñible para descarga ou para que a actualices no teu escritorio de WordPress.
Despois de WordPress 5.0— unha gran versión que introduciu o novo editor de bloques— a versión 5.1 céntrase en puír, en concreto mellorando o rendemento global do editor. Ademais, esta versión asenta o camiño para un WordPress máis seguro, rápido e mellor, con algunhas ferramentas esenciais para administradores e desarrolladores de sitios.
Saúde do sitio
Tendo en conta a seguridade e a rapidez, esta version introduce a primeira característica de saúde do sitio de WordPress. WordPress comezará a mostrar avisos aos administradores de sitios que executen versións obsoletas de PHP, a linguaxe de programación que utiliza WordPress.
Ao instalar novos plugins, a características da saúde do sitio de WordPress comprobarán se un plugin require unha versión de PHP que é incompatible co teu sitio. Nese caso, WordPress evitará que instales ese plugin.
Rendemento do editor
Engadido en WordPress 5.0, o novo editor de bloques segue mellorando. Máis importante aínda, WordPress 5.1 inclúe sólidas melloras de rendemento dentro do editor. O editor debería notarse máis rápido ao iniciar, e ao escribir, sentirse máis fluído. Con todo, espéranse máis melloras de rendemento na seguinte versión
Descarga WordPress 5.1 ou pasa polo Escritorio → Actualizacións e fai clic en “Actualizar agora.”