WordPress 5.4.1

Crea máis con bloques, máis rápido e máis fácil. Máis formas de facer que as túas páxinas cobren vida. Con formas máis fáciles de facer todo e que luza mellor que nunca – e melloras de velocidade que podes notar!

Versión de mantemento e seguranza

WordPress 5.4.1 é unha versión de mantemento de ciclo curto. A seguinte versión maior será a 5.5.

A versión 5.4.1 corrixiu algúns problemas de seguranza e 11 bugs. Para máis información, consulta as notas sobre esta actualización.

Podes descargar WordPress 5.4.1 desde gl.WordPress.org, ou visitar o teu Escritorio → Actualizacións e facer clic en Actualizar agora.

Benvido ao WordPress 5.4.1

Cada versión maior engade máis cousas ao editor de bloques.

Máis formas de facer que as entradas e páxinas cobren vida coas túas mellores imaxes. Máis formas de atraer aos visitantes, e mantelos implicados, coa diversidade de medios incrustados desde os principais servizos web.

Máis formas de facer real a túa visión, e de poñer bloques no lugar perfecto – mesmo se un tipo de bloque en particular é novo para ti. Procesos máis eficaces.

E máis velocidade en todas partes, para que mentres creas seccións ou galerías, ou simplemente escribas unha liña de prosa, poidas sentir como o teu traballo máis rápido.

Dous novos bloques. E mellores bloques en xeral.

  • Dous bloques totalmente novos: O bloque de ligazóns sociais e o de botóns fan que engadir características interactivas sexa rápido e fácil.
  • Novas posibilidades coa cor: Gradientes no bloque de botóns e fondo, acceso á barra de ferramentas ás opcións de cor nos bloques de texto enriquecido, e por primeira vez, opcións de cor nos bloques de grupo e columnas.
  • Imaxina que moito menos! A versión 5.4 axiliza todo o proceso de colocación e substitución de medios en cada bloque. Agora funciona da mesma maneira en case todos os bloques!
  • E, mesmo se algunha vez pensaches que a túa imaxe do bloque de medios e texto debería enlazar a algunha outra cousa – quizais unha imaxe dun folleto que debería descargar ese folleto como documento?. Ben, pois agora podes facelo.

Interface máis clara, navegación máis clara – e tabulado máis sinxelo!

  • Navegación polos bloques máis clara con faragullas de pan de bloques. Unha selección máis sinxela unha vez esteas aí.
  • Para cando necesites navegar co teclado, tes un mellor tabulado e enfoque. Ademais, podes tabular á barra lateral de practicamente calquera bloque.
  • Velocidade! Un 14 % máis rápido en cargar o editor, un 51 % máis rápido no tempo de tecleo!
  • As suxerencias desapareceron. No seu lugar, unha xanela coa guía de benvida pode levarche onde necesites – e só cando o necesites – unha e outra vez.
  • Descobre a primeira ollada se estás no modo de edición ou de navegación de bloques. Ou, se tes unha visión restrinxida, o teu lector en pantalla dirache en que modo estás.

Por suposto, se queres utilizar as máis recentes ferramentas e características, instala o plugin Gutenberg. Poderás ser o primeiro en utilizar as novas e sorprendentes características do editor de bloques, antes que ninguén as vexa!

O teu dereito fundamental: privacidade

WordPress 5.4 axuda cunha gran variedade de problemas de privacidade de todo o mundo. Deste xeito, cando os usuarios e colaboradores pregunten sobre o cumprimento da normativa, ou sobre como o teu equipo xestiona os datos dos usuarios, as respostas deberían ser moito máis fáciles de obter.

Bota unha ollada:

  • Agora, as exportacións de datos persoais inclúen a información sobre as sesións dos usuarios e os datos de localización dos usuarios do widget de eventos da comunidade. Ademais, unha táboa de contidos.
  • Mira o progreso a medida que procesas as solicitudes de exportación e borrado a través das ferramentas de privacidade.
  • Ademais, pequenas melloras en todo dan ás ferramentas de privacidade un aspecto máis limpo. Os teus ollos agradecerancho!

Hai moito máis que os desarrolladores adorarán en WordPress 5.4. Para descubrir máis e aprender como facer que estes cambios brillen nos teus sitios, temas, plugins e máis, consulta a guía de campo de WordPress 5.4.