Esta é unha actualización de mantemento, pero sobre todo de seguridade, moi importante, que xa podes actualizar dende o Escritorio de WordPress ou descargar dende o sitio oficial de WordPress Galego.
A lista de melloras principais é esta:
- Editor: evita que certos elementos HTML bórrense ou modifiquen aleatoriamente nalgunhas ocasións.
- Medios: soluciona unha serie de problemas menores de compatibilidade e funcionamento do novo xestor de medios.
- Redes: suxire regras de rewrite correctas ó crear unha rede nova.
- Evita que as entradas programadas perdan HTML, como vídeos incrustados, ó se publicar.
- Traballouse nalgunhas configuracións erróneas que provocaban que parte do JavaScript da administración de WordPress fallasen.
- Suprimíronse algúns avisos que se amosaban cando un plugin usaba incorrectamente a base de datos ou as APIs de usuario.
Ademais, soluciona algúns fallos de seguridade:
- Unha vulnerabilidad a parte do servidor relativa a escaneo remoto de portos usando pingbacks.
- Dúas vulnerabilidades XSS a través de códigos curtos e contido de entradas.
- Unha vulnerabilidad XSS da librería externa Plupload que se solucionou grazas á actualización inmediata da mesma.
Xa a temos ao 100%
http://gl.wordpress.org/2013/01/26/wordpress-3-5-1-disponible-100-en-galego/
gran traballo