Unha actualización pensando en ti

Prepárate para un WordPress máis intuitivo!
A versión 4.8 de WordPress, denominada Evans en honra ao pianista e compositor de jazz William John Bill Evans, xa está dispoñible para descarga ou actualización desde o teu escritorio de WordPress. As novas características da versión 4.8 engaden máis maneiras para que te expreses e representes a túa marca.

Aínda que algunhas actualizacións parezan menores creáronas centenares de colaboradores pensando en ti. Prepárate para as novas características que acollerás coma se fosen un vello amigo: melloras nas ligazóns, tres novos widgets de medios para imaxes, audio e vídeo, un widget de texto actualizado con edición visual, e unha sección de noticias actualizada no teu escritorio que che trae os próximos eventos próximos a ti.

como sempre, podes descargala en https://gl.wordpress.org/