Categorías
CMS Wordpress

Participa no Global WordPress Translation Day

O próximo día 24 de abril  terá lugar un día global de tradución, que consiste en reunirnos ao longo do planeta para traducir WordPress e todo o que engloba.

Animamos a todos os que queiran axudar traducindo partes importantes de WordPress, plugins ou temas.

Se tes ganas de axudar pásate por

https://translate.wordpress.org/projects/wp-plugins/bbpress/dev/gl/default

e axudanos a traducir bbpress

 

ou ben escolle o teu plugin https://translate.wordpress.org/locale/gl/default/wp-plugins

ou tema favorito de WordPress https://translate.wordpress.org/locale/gl/default/wp-themes

e axudanos a traducilo. Sabemos que é domingo pola mañá, pero a ocasión meréceo. Non todos os días organízase toda a Comunidade WordPress a nivel mundial nun sprint de tradución!

Por victorjqv

Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.