Xa temos dispoñible WordPress 3.5 na sua versión final, e coa tradución o galego tamén lista,  estamos pendentes de remata-la traducion de algunhas liñas da zona de administracion.

xa podes descargala en

http://gl.wordpress.org/

Entre as características máis destacadas atopase un novo sistema para a suba e creación de galerías fotográficas, a incorporación por primeira vez do primeiro tema por defecto para dispositivos móbiles (Twenty Twelve), ademais dunha optimización do panel de xestión simplificando elementos e a racionalización de elementos menos utilizados. A inclusión dun novo selector de cor e o soporte para as pantallas Retina Display coa inclusión de gráficos en alta resolución, son outros elementos destacados.