Xa está dispoñible para descarga ou instalación dende o Escritorio a versión 3.7 de WordPress, as principais novidades son as seguintes:

  • Actualizacións automáticas en segundo plano: nunca máis terás que actualizar versións de seguridade ou mantemento pois WordPress actualizarase en segundo plano e sen necesidade de intervención do usuario. Isto só afecta a versións menores (p.ex: da versión 3.7 á 3.7.1).
  • Actualización automática de traduccions de WordPress: as traduccions do teu  idioma, se varian, tamén se actualizarán automaticamente.
  • Novo sistema de comprobación de contrasinais, que detecta erros comúns na xeración de claves por parte do usuario.
  • Melloras no buscador interno, que agora amosará os resultados por relevancia e xerarquía.
  • Mellora nas queries por data de WP_Query

http://gl.wordpress.org