Actualizate! WordPress 4.4 fai que o teu sitio estea máis conectado e sexa máis adaptable.

Podes descargala en http://gl.wordpress.org/

PresentandoTwenty Sixteen

O novo tema por defecto, Twenty Sixteen, é unha proposta nova cun clásico deseño de blogue.

Twenty Sixteen fíxose para que se vexa ben todos os dispositivos. Un deseño en cuadrícula fluído, con cabeceira flexible, paleta de cores alegre e moito máis… fará que o teu contido luza.

Imaxes adaptativas

WordPress ten agora unha aproximación máis elegante para mostrar os tamaños de imaxe adecuados en calquera dispositivo, asegurando un encaixe perfecto cada vez. Non necesitas facerlle nada ao teu tema, simplemente funciona.

Incrusta o teu contido de WordPress

Agora podes incrustar as túas entradas noutros sitios WordPress. Simplemente arrastra a URL dunha entrada no editor e verás unha vista previa instantánea do obxecto incrustado, completo, co seu título, extracto e imaxe destacada se está especificada. Mesmo incluímos a icona do teu sitio e ligazóns para comentar e compartir.

Aínda máis provedores de elementos incrustados

Ademais de incrustar entradas, WordPress 4.4, engade cinco novos provedores de oEmbed: Cloudup, comentarios de Reditt, ReverbNation, Speaker Deck, e VideoPress.

Nos bastidores

Infraestrutura da REST API

Integrouse a infraestrutura para a REST API no núcleo, empezando unha nova era no desenvolvemento con WordPress. A REST API serve para dar aos provedores un camiño para construír e estender RESTful APIs sobre WordPress.

A infraestrutura é a primeira parte dunha implantación en varias etapas da REST API. A inclusión da parte final do núcleo está pensada para unha versión posterior.

Meta de termo

Agora os termos son compatibles con metadatos, como as entradas.