segunda actualización de mantemento de WP 3.5 que soluciona 12 erros. Ó ser unha versión de seguridade é importante que actualices tódolos teus sitios o máis pronto posible.
Ademais de 7 vulnerabilidades descubertas polo equipo de desenvolvemento de seguridade tamén hai outras melloras que blindarán o teu WordPress, estas son:
- Bloqueo de ataques de peticións falsas dende o servidor, que poderían permitir a un atacante ter acceso a unha web.
- Desactiva que os perfís de Colaborador poidan publicar entradas ou que se cambie a autoría de entradas.
- Actualizouse a libraría externa de SWFUPLOAD para solucionar vulnerabilidades XSS, realmente perigosas.
- Engade protección contra ataques de denegación de servizo (DDOS) que podería estar afectando a entradas protexidas por contrasinal.
- Actualizouse a libraría externa do editor TINYMCE para solucionar unha vulnerabilidade XSS.
- Unha boa cantidade adicional de solucións a XSS.
- Agora non se permite a visualización da ruta completa a un arquivo cando falla a carga do mesmo.
Como ves, non son erros lixeiros senón realmente graves así que nin cho penses, ¡actualiza xa!.
Boa noite,
Listo, compilado e publicado:
http://gl.wordpress.org/2013/06/24/wordpress-3-5-2-esta-disponible-e-100-en-galego/
Gracinhas polo aviso.
grazas