Esta versión integra melloras de estabilidade e correccións de seguridade.

Un cambio notable nesta versión é unha corrección para un problema que permitía que aplicacións de terceiros substituísen o motor de busca predeterminado.

En canto ás correccións de seguridade, Opera 12.15 solucionou un problema que provocou unha filtración de datos mediante os datos de imaxe sen inicializar. Asimesmo, esta versión elimina un problema polo cal os sitios web podían instalar cookies para dominios de nivel superior (do tipo .com ou .co.uk).

Dado que se atoparon vulnerabilidades no protocolo de cifrado RC4 (permite a un atacante deduci-lo texto mediante métodos estatísticos), Opera 12.15 inclúe salvaguardias (añade datos aleatorios) para protexe-las conexións vulnerables.

A compañía tamén corrixiu un problema clasificado como “moderadamente grave”, cuxos detalles non foron revelados.

DescargaOpera 12.15

Para traducilo o galego

  1. Descargar a traducion actualizada: opera12_15_gl (27/6/13)
  2.  Primeiro has de descomprimir o zip no teu escritorio
  3.  copiar o cartafol (gl) (ollo o cartafol, non o contido por separado) no directorio c:\archivos de programa\opera\locale\
    (se che pide permisos de administrador para poder copialo dalle en aceptar)
  4.  abres opera e vas a menu: configuracion -> opcions -> pestana xeral
    (ou se o prefires ctrl + F12 e premes na pestana xeral)
  5.  nesa pestana xeral en idioma preferente escolles galego (gl) e premes aceptar
  6.  reinicias opera e xa esta