Internet Explorer

Xa esta dispoñible en galego o Internet Explorer 9

na estrea do Internet Explorer 9 para Windows Vista e 7 o éuscaro e o galego quedaron marxinados (de feito, a actualización da aplicación non podía instalarse en equipos co Windows en galego), pero finalmente Microsoft pisou o acelerador na tradución do novo navegador web e esta semanapresentou unha actualización do IE9 que incorpora 53 idiomas adicionais, chegando a un total de 93, o que convertería ao Internet Explorer 9 no navegador web dispoñible en máis linguaxes, superando ás 86 do Firefox 4, ás 45 de Google Chrome 11, ás 44 do Opera 11.0 e ás 16 do Safari 5.
Deste xeito, agora o Internet Explorer 9 está dispoñible na totalidade de linguas dispoñibles para Windows Vista e só deixaría 3 idiomas de Windows 7 fóra. O Internet Explorer 9 está dispoñible para a súa descarga en numerosas linguas de todo o mundo, aínda que estas versións do IE9 tamén poden instalarse a través de Windows Update como unha actualización opcional.

 

podedes descargalo en

http://windows.microsoft.com/en-US/internet-explorer/downloads/ie-9/worldwide-languages

 

 

fonte

http://www.codigocero.com/Disponible-en-galego-o-Internet

victorjqv
the authorvictorjqv
Son médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Gústanme os retos, botar unha man e axudar ás persoas no mundo real e virtual. Traduzo aplicacións ao galego, deseño webs, programo aplicacións e colaboro na Comunidade WordPress. Actualmente son coordinador global de traducións e administro a páxina oficial de WordPress en lingua galega.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.