Xa sabemos que levades moito tempo agardando, pero agardar mereceu a pena. Tras unhas necesarias actualizacións de seguridade, que forzaron a realizar unha revisión antes de lanzar WordPress 3.1 xa temos aquí a versión do noso CMS que marcará un principio novo na comunidade WordPress.
Telo, como sempre, dispoñible no teu escritorio e na web oficial.
Pero , o que queredes saber é as novidades, estas son as principais:

  • Enlaces internos – cun clic no novo botón para enlaces internos poderás buscar unha entrada ou revisa-lo contido existente para enlazalo.
  • Barra de admin – contén varios enlaces para acceder a diversas pantallas de administración. Por defecto, a barra de admin amosase  cando un usuario accedeu e está visitando o sitio, e non se mostra nas pantallas de administración nas instalacións simples (sen multisitio activado). Para as instalacións con multisitio amosase tanto cando estás visitando o sitio como nas pantallas de administración
  • Melloras na interface de escritura – Os novos usuarios de WordPress atoparan a pantalla de escritura moito máis limpa que antes, coa maioría das opcións ocultas por defecto.
  • Formatos de entrada
  • Administrador da rede – Movéronse os menús do Super administrador e as páxinas relacionadas da pantalla de admin habitual á nova Pantalla de administrador da rede.
  • Pantallas de administración en modo de lista – podes ordena-las columnas das pantallas con listados (páxinas, entradas, comentarios, etc) para mellora-la paxinación.
  • Melloras do exportador/importador – Hai moitos cambios na información do autor, mellora no manexo de taxonomías e termos, soporte correcto de menús de navegación, etc.
  • Melloras no tipo de contido personalizado – Permite ós desenroladores crear páxinas de arquivo e dispor de máis controis das capacidades e mellores menús.
  • Consultas avanzadas – Permite ós desenroladores realizar consultas múltiples de taxonomías e campos personalizados.Un esquema de cor azul para a administración máis fresco que centra a atención no teu contido.

Saudos